As Figuraciós de Luís Seoane como creación híbrida

Authors

  • Micaela Rei Castro Universidade da Coruña, Galiza

Abstract

As Figuraciós de Luís Seoane son unha obra de carácter híbrido, en que se acada o máis alto grao de fusión entre o elemento literario e o elemento plástico. O vínculo entre estes dous ámbitos artísticos confórmase como unha constante na totalidade da obra do autor, encontrándose no conxunto do seu traballo múltiples casos de paralelismos temáticos e motivos similares ou idénticos. Así, as Figuraciós encádranse como unha actividade creativa coherente tanto coa concepción interartística defendida por Seoane, como co seu universo creativo.

Downloads

Download data is not yet available.

Published

2015-04-29

How to Cite

Rei Castro, M. (2015). As Figuraciós de Luís Seoane como creación híbrida. Impossibilia. Revista Internacional De Estudios Literarios, (9). Retrieved from https://revistaseug.ugr.es/index.php/impossibilia/article/view/23270

Issue

Section

Artistic Interactions